sábado, 8 de marzo de 2014

Día da muller traballadora

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día da muller traballadora, xornada que nos sirve para reinvindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. Son moitas as propostas que se fan para conmemorar este día e nos aproveitamos para compartir a recomendación de Kalandraka de LECTURAS EN FEMININO.


sábado, 1 de marzo de 2014

ACTO DE CUNQUEIRO


Os alumnos e alumnas do noso centro, CEIP Álvaro Cunqueiro, realizaron onte, 28 de febreiro, unha ofrenda floral para conmemorar o aniversario do falecemento do escritor Álvaro Cunqueiro Mora ante a súa tumba. Ademais, o catedrático de Lingua Literatura Galega, César Morán, puxo música algúns dos poemas escritos polo autor e que diferentes alumnos/as leron dentro do programa de actos que tivo lugar durante todo o día.
Nos tamén queremos facer unha pequena homenaxe recomendando algúns dos seus escritos máis célebres:

- Merlín e familia (prosa).

- Xente de aquí e de acolá (relato).

- O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (teatro).

Entroido





Hoxe todo o colexio atópase de festa, 
celebrando o Entroido, nenos e nenas, mestras e mestras, personal de comedor... e incluso MERLIÑO acudiu cos seus mellores disfraces para a celebración desta gran festa. Primeiro fixemos un desfile no patio, seguido dunha festa amenizada con música do Entroido e donde realizáronse múltiples bailes.
















Pola tarde fixemos a queima do boneco, nesta ocasión boneca, chama Dorinda, con algúns problemillas por culpa do tempo.


E o alumnado de Educación Infantil adornaron esta festa cun mosaico das súas fotos, compoñendo as seguientes caretas:


venres, 28 de febreiro de 2014

CARETAS LITERARIAS


Durante esta semana do Entroido propuxemos os cursos do 2º ciclo de Educación Primaria, xunto co Departamento de Orientación, a creación dunha careta baseada nun personaxe dun libro a través de grupos cooperativos. A tarefa consistía en elixir a careta a realizar entre os diferentes contos da biblioteca, buscar información nos ordenadores de como realizala e, finalmente, a creación da careta. Os resultados foron moi positivos e algunhas das creacións son:




















luns, 24 de febreiro de 2014

Día de Rosalia de Catro


Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro por mor do aniversario do seu nacemento, facendo, nesta ocasión, 177 anos (1837-1885). Moitas entidades culturais, políticas e sociais celebrarán o longo deste día múltiples actos por toda a xeografía galega. E tamén moitas bibliotecas escolares recordan e traballan a figura  de Rosalía de Castro, gran parte de este material podedes encontralo no seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/632

mércores, 19 de febreiro de 2014

Letras Galegas

Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Con ese motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz crearon un documental o curso pasado chamado:  "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (en colaboración con Pasen y Vean Comunicación).



Outra proposta para conmemorar dito centenario é unha actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía, exercicios de compresión do documental, realizados pola profesora María Miragaya,  a partir do obradoiro da especialista  Chus Otero (http://www.chusotero.es/).