Os alumnos e alumnas
do noso centro, CEIP Álvaro Cunqueiro, realizaron onte, 28 de febreiro, unha
ofrenda floral para conmemorar o aniversario do falecemento do escritor
Álvaro Cunqueiro Mora ante a súa tumba. Ademais, o catedrático de Lingua
Literatura Galega, César Morán, puxo música algúns dos poemas escritos polo
autor e que diferentes alumnos/as leron dentro do programa de actos que tivo lugar
durante todo o día.
Nos tamén queremos facer unha pequena homenaxe recomendando algúns dos seus escritos máis célebres:
- Merlín e familia (prosa).
- Xente de aquí e de acolá (relato).
- O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (teatro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario