mércores, 17 de novembro de 2021

O CLUB DA CIENCIA

 Boas novas queridos bloggers, este curso 2021/2022 desenvolverase outro proxecto dentro da biblioteca e en consonancia con esta. Acabamos de recibir a boa nova de que pasamos a formar parte dos centros con club da ciencia, programa de innovación educativa promovido pola Xunta de Galicia. 

Comezamos no primeiro trimestre coa importancia de fomentar a igualdade na ciencia, área na que predomina o sexo masculino fronte o femenino. Primeiramente vimos unha videoconferencia dunha científica famosa da nosa contorna (Sonia Villapol) que nos falou sobre aspectos de gran relevancia da Covid-19. Tamén elaboramos un xogo de cartas sobre mulleres importantes da ciencia onde o alumnado tiña que investigar e elaborar tarxetas, en cada tarxeta aparece un debuxo relacionado coa científica e no reverso a labor desempeñada.