martes, 29 de outubro de 2013

CHEGOU O SAMAÍN


Esta semana chegou o Samaín o noso colexio e polo tanto tamén á nosa biblioteca  con unha decoración que invítanos a celebrar dita festa.


Ademais  algunhas  das lecturas que os recomendo para estes días e que podedes encontrar no meu recuncho,
o de Merliño, son:

Para os nenos e nenas de Educación Infantil  un libro moi interesante é A BRUXA REGAÑADENTES, tamén O DRAGÓN COMEMEDO, CAMINO AL SAMAÍN ou !FUERA DE AQUÍ, HORRIBLE MONSTRUO VERDE¡.

Para os nenos e nenas de Educación Primaria as miñas recomendacións son para o Primeiro ciclo: LA BRUJA COLOREA, A FANTASMA CUADRICULADA, EL MISTERIO DE LAMOMIA e EL BRUJO MALVADO.

Xa para o Segundo ciclo algúns dos libros que se atopan na biblioteca relacionados con esta festa son OPOSICIÓNS A BRUXA E OUTROS CONTOS, UN LÍO DE OCHO PATAS, EL MUNDO DE ALLÁ e MAKIAVELA, LA ESCUELA DE BRUJAS.

E finalmente os libros para o Terceiro ciclo son LA MALDICIÓN DE LOS DARKLING, AMANCIO AMIGO O MEIGO DE SALAMANCA, MERLÍN E FAMILIA de Álvaro Cunqueiro e O LIBRO DE MERLÍN.


Podedes obter máis información de cada uns dos libros premendo no seu título e desexamos que gocedes  con estas lecturas e pasedes uns días escalofriantes.