venres, 24 de xaneiro de 2020

Nadal 2019

E chegou o nadal ó cole, datas especiais onde cada curso nos sorprendeu con diferentes cancións e actuacións. 








Xa que o cine é o proxecto de traballo que emerxe dende a biblioteca, chegounos a visita dun tren foi famoso nesta época navideña, o Polar Express. 


MES DA CIENCIA


 No mes de novembro celebramos no Ceip Álvaro Cunqueiro o mes da ciencia. Primeiramente quixemos enfocalo ó sector femenino da ciencia que permeceu na sombra o longo  da nosa historia. Por iso elaboramos un mural con mulleres que realizaron grandes avances e descubrimentos neste campo.



Neste mes tamén fomos protagonistas da ciencia elaborando os nosos propios experimentos (alumnos e alumnas de 5º de Primaria). Podedes ver os diferentes experimentos no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=vit9QjWUjNQ