mércores, 19 de febreiro de 2014

Letras Galegas

Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Con ese motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz crearon un documental o curso pasado chamado:  "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (en colaboración con Pasen y Vean Comunicación).



Outra proposta para conmemorar dito centenario é unha actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía, exercicios de compresión do documental, realizados pola profesora María Miragaya,  a partir do obradoiro da especialista  Chus Otero (http://www.chusotero.es/).