Hoxe, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Con ese motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz crearon un documental o curso pasado chamado: "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (en colaboración con Pasen y Vean Comunicación).
Outra proposta para conmemorar dito centenario é unha actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía, exercicios de compresión do documental, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialista Chus Otero (http://www.chusotero.es/).
Ningún comentario:
Publicar un comentario