venres, 1 de abril de 2022

Colaboración co CEIP LAVERDE RUÍZ






 Dende o Ceip Cunqueiro e a súa biblioteca fixemos un marcapáxinas con que pretemos espallar o noso colexio e o noso proxecto do camiño polas diferentes cidades, pobos e tamén redes sociais. Cada quen deberá facerse unha foto nalgún dos sinais do camiño de Santiago e subilo as redes. Aquí tedes algúns dos nosos protagonistas. 

E en colaboración co CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, que nos fixeron chegar tamén algunhas fotos co noso marcapáxinas en distintos puntos do Camiño Norte.