luns, 26 de febreiro de 2018

Día de Rosalía 2017-18 (23 de Febreiro)

Boas de novo amiguiños/as!
Este ano, con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro -unha das autoras máis ilustres da nosa literatura-, os nenos de 5º de Primaria quixeron honrala traballando cos seus poemas. Para iso, lérono,  elaboráronos nunha cartolina, ilustráronos, memorizáronos e incluso os representaron. Toda unha aventura! 

Como veredes, ademais, tocaron temas moi diferentes: a natureza, o amor, a emigración... 

Agardo que vos guste!

Merliño.