venres, 22 de novembro de 2013

FESTEXAMOS O MAGOSTO


O  venres 15 de novembro celebramos un magosto moi literario, cada grupo de nenos e nenas creou un conto sobre unha castaña e logo o compartiron co resto dos compañeiros e compañeiras.

Primeiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil escoitaron atentamente o conto creado por eles, titulado "A castaña Daniela". Tamén o puideron ver no ordenador e gozaron moito observando a súa creación no blogue.

Seguidamente reunímonos todos no patio do colexio, xa preparados para degustar as castañas, e escoitamos as historias tan divertidas que lle ocorren as nosas amigas as castañas.