Xa tiña ganas de compartir con vós algúns dos traballos que fixemos sobre Rosalía co obxectivo de dar a coñecer e difundir o poder da súa palabra entre os máis pequenos/as.
Por certo, menudos artistas están feitos! A que sí?
Aínda que tamén está na biblioteca á vosa disposición, vou a deixarvos por aquí a guía de ususarios/as. Nela tedes un montón de información ben interesante así que, eu de vós prestaríalle moita atención. Ademais nela tamén están as normas para que todos/as poidamos desfutar da miña casa e dos tesouros que agocho nela: os libros. Hai para todos os gustos, así que non esquezades facerme moitas visitas, xa sabedes que seredes ben recibidos/as!
Os nenos e nenas de 1º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro recitamos un fragmento do poema A Fala, de Manuel María, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
O pasado 20 de
xuño os nenos e nenas remataron xa este curso con ledicia pero tamén con pena
polos compañeiros e compañeiras cos que non xogarán este verán e polos mestres
e mestras que deixan. Por iso o centro quixo que este día fora moi especial e
prepararon unha gran festa coa presenza
dun mago e varios bailes de zumba.
Pola nosa parte
nos tamén nos despedimos ata setembro, desexando que gocedes deste verán e
veñades todos coas enerxías recargadas para o novo curso. Esperamos que fora do
voso aproveito e gusto todo o publicado e, finalmente, Merliño quere facer unhas
recomendacións de lecturas para este verán a través do seguinte enlace, “RedeLectura”, onde atoparedes novidosos libros como por exemplo: As noites de Xián, Estamos no verán...
Todos os anos publícase no noso centro a revista "As novas do Masma" e dende a biblioteca fixemos a nosa pequena contribución cunha serie de pasatempos relacionados cos libros da nosa biblioteca.