mércores, 2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil data escollida por ser o nacemento de Hans Christian Andersen e co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención dos cativos e cativas.
Para conmemorar este día, o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor, e neste ano as elexidas foron autoras irlandesas as que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividad esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.

DÍA MUNDIAL CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Concienciación do Autismo e queremos deixarvos un vídeo moi emotivo titulado "A canción de Manuel III: o oito", adicado a tódalas familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista e que quere amosar o lado positivio das persoas que conviven día a día con dito trastorno, ademais intenta desmitificar falsas creencias xa que as persoas con TEA comunícanse, senten, queren, prefiren, gozan e aprenden.