mércores, 6 de febreiro de 2013

Hola amiguiños: 
 Retraseime un pouco na presentación dos meus traballos dado que esta biblioteca estivo de reformas e atendin a que ma deixaran ben acondicionada. Eso si, non esquecin de conmemorar as distintas celebracións que se realizaron no meu cole con distintas actividades, entre elas variados murais dos que vos deixo fotos. Dende agora espero poñerme ao día e tervos informado de todo aquilo que vaiamos ideando e traballando. 

 O MAGOSTO






Que ricas estaban as castañas!!
 
O NADAL




Os nen@s de infantil elaboraron a súa propia merenda de Nadal. Como bos cociñeiros levaban o seu gorro decorado con espumillón, moi propio destas datas. A merenda estaba para chupar os dedos!! Mmmmmmmmm.
 


O DÍA DA PAZ



 Esta árbore estaba pedindo a berros que lle deran cor e alegría. E así o fixemos...



 Para darlle cor a esa árbore tan triste, decorámola coas pombas que previamente elaboramos nas nosas aula.




E así de fermosa quedou a nosa árbore da paz. 

O ENTROIDO


 Este Entroido aínda non sabía o que lle esperaba... 



Para celebrar esta data tan especial decoramos o noso cole con  murais de máscaras. Que bonito quedou o mural dos rapaces de 6º de primaria!



Fixemos un desfile no patio para lucir os nosos disfraces e os de 6º ata fixeron unha coreografía!!



E xa por último...a queima do Entroido.