sábado, 17 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Onte celebramos o Día das Letras Galegas no noso centro, este ano dedicadas ó poeta Xosé María Díaz Castro. Durante a mañá os alumnos e alumnas fixeron carreiras, divididos por cursos, por diferentes percorridos ó longo das instalacións do centro. Seguidamente entregamos un diploma distintivo os tres primeiros nenos e nenas de cada carreira.


 
Máis fotos da carreira no blogue "Deporte y animación sociocultural en Mondoñedo".

Pola tarde os alumnos e alumnas de 6º E.P. leron un resumo sobre a vida do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, e varios alumnos e alumnas de 5º E.P. recitaron algún dos seus poemas.

Para rematar a sesión todos xuntos cantamos o Himno Galego e a canción "Meu o mundo é".


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS