venres, 31 de marzo de 2017

ROSALÍA

Boas amigas e amigos!

Xa tiña ganas de compartir con vós algúns dos traballos que fixemos sobre Rosalía co obxectivo de dar a coñecer e difundir o poder da súa palabra entre os máis pequenos/as.

Por certo, menudos artistas están feitos! A que sí?

Un saúdo.
Merliño


xoves, 23 de marzo de 2017

GUÍA DE USUARIOS/AS

Ola de novo!

Aínda que tamén está na biblioteca á vosa disposición, vou a deixarvos por aquí  a guía de ususarios/as. Nela tedes un montón de información ben interesante así que, eu de vós prestaríalle moita atención. Ademais nela tamén están as normas para que todos/as poidamos desfutar da miña casa e dos tesouros que agocho nela: os libros. Hai para todos os gustos, así que non esquezades facerme moitas visitas, xa sabedes que seredes ben recibidos/as!



mércores, 22 de febreiro de 2017

ESTAMOS DE VOLTA!

Nenas e nenos,

perdoade a espera pero esta tempada estivemos moi ocupados remodelando a miña casa que, como ben sabedes, é a biblioteca do cole.

Por suposto, estades todos/as convidados/as! Pasade a informarvos das actividades que temos preparadas. Pasarémolo moi ben!

Mentres tanto, eu quedo aquí coas miñas brevaxes.
                                                                     
  Saúdos.
                                                                       
Merliño.

luns, 16 de maio de 2016

Letras Galegas 2016. Manuel María

Os nenos e nenas de 1º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro recitamos un fragmento do poema A Fala, de Manuel María, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

luns, 23 de xuño de 2014


ATA SETEMBRO


O pasado 20 de xuño os nenos e nenas remataron xa este curso con ledicia pero tamén con pena polos compañeiros e compañeiras cos que non xogarán este verán e polos mestres e mestras que deixan. Por iso o centro quixo que este día fora moi especial e prepararon unha gran festa coa presenza dun mago e varios bailes de zumba.


Pola nosa parte nos tamén nos despedimos ata setembro, desexando que gocedes deste verán e veñades todos coas enerxías recargadas para o novo curso. Esperamos que fora do voso aproveito e gusto todo o publicado e, finalmente, Merliño quere facer unhas recomendacións de lecturas para este verán a través do seguinte enlace, “RedeLectura”, onde atoparedes novidosos libros como por exemplo: As noites de Xián, Estamos no verán...




REVISTA AS NOVAS DO MASMA

Todos os anos publícase no noso centro a revista "As novas do Masma" e dende a biblioteca fixemos a nosa pequena contribución cunha serie de pasatempos relacionados cos libros da nosa biblioteca.