xoves, 9 de xuño de 2022

SKYLINE

 Queridos merliños/as, sabedes o que é un skyline? Hoxe vamos ensinarvos esta novidosa actividade na que os rapaces vos ensinan o último tramo do camiño de Santiago dunha forma interactiva e elaborada por eles mesmos en coordinación co club da ciencia. Premendo os botóns poderán ver onde están os diferentes concellos e escoitarán a información máis relevante de cada un a través das voces dalgúns dos nosos merliños/as.