mércores, 15 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - CLUB DE LECTURA OS MERLIÑOS

 


No Club de Lectura Os Merliños, co alumnado de 6º de educación primaria, estivemos lendo "A filla do ladrón de bicicletas", e quixeron eles mesmos facer unha adaptación e representala, conmemorando con ela o día das Letras Galegas, que dicir que o resto do alumnado quedou encantado.

Tanto a adaptación da mesma, como os decorados foron feitos por eles coa colaboración de dúas alumnas de 4º de primaria, Olivia e Candela.