xoves, 8 de xuño de 2023

CLUB DE LECTURA OS MERLIÑOS

  Este ano continuamos co club de lectura, ampliando ao club de lectura de adultos, tivemos as reunións os martes en horario de lecer, para que todos poideran asistir ao mesmo, entre outros títulos escollimos:

Anne das Tellas Verdes.

Scarlatina, a cociñeira defunta.

Plan de Rescate.

A Filla do ladrón de bicicletas.

Memorias dun neno labrego.

La cría.

Donde aúllan las colinas

Seres queridos.

Ademais da lectura, tamén degustamos diversos postres que fixeron os asistentes ao club de lectura, Zoe, Carla, Luísa, e celebramos a chocolatada de ánimo, antes do Nadal.

Contamos coa visita de Antía Yañez, para falarnos acerca do seu libro, e coñecer máis de cerca a súa obra.