mércores, 10 de xaneiro de 2018

ANO NOVO... OPORTUNIDADE PARA NOVAS LECTURAS!

Feliz aninovo amiguiños!
Chega o 2018 e con el unha gran oportunidade para mergullarnos en novas e apasionantes lecturas. Ben seguro que os Reis Magos, o Apalpador ou mesmo Papá Noel vos trouxeron algún libriño co que inaugurar o novo ano, pero xa sabedes que eu, Merliño, vos estou agardando na Biblioteca para ofrecervos o meu agasallo en forma de libro, para regar e cultivar as vosas mentes. 
Déixovos este spot animándovos a sacar sempre un anaquiño a diario para relaxarnos e disfrutar dunha boa lectura.