luns, 23 de xuño de 2014

ATA SETEMBRO


O pasado 20 de xuño os nenos e nenas remataron xa este curso con ledicia pero tamén con pena polos compañeiros e compañeiras cos que non xogarán este verán e polos mestres e mestras que deixan. Por iso o centro quixo que este día fora moi especial e prepararon unha gran festa coa presenza dun mago e varios bailes de zumba.


Pola nosa parte nos tamén nos despedimos ata setembro, desexando que gocedes deste verán e veñades todos coas enerxías recargadas para o novo curso. Esperamos que fora do voso aproveito e gusto todo o publicado e, finalmente, Merliño quere facer unhas recomendacións de lecturas para este verán a través do seguinte enlace, “RedeLectura”, onde atoparedes novidosos libros como por exemplo: As noites de Xián, Estamos no verán...




Ningún comentario:

Publicar un comentario