sábado, 25 de novembro de 2017

SAMAÍN & MAGOSTO 2017
Un ano máis, os nenos e nenas, mestres e mestras do cole non deixaron pasar a oportunidade de celebrar o Samaín e o Magosto. Eu, Merliño, tampouco me puiden resistir e acabei probando algunha castaña! Que boas estaban!
Pasámolo en grande, participamos nun montón de xogos tradicionais por cursos e fixémoslle oco a unha morea de castañas que degustamos entre todos. 
Aquí vos deixo un vídeo cun resumo do que vos acabo de contar. Agardo que vos guste! Vémonos amiguiños!

Ningún comentario:

Publicar un comentario