sábado, 1 de marzo de 2014

ACTO DE CUNQUEIRO


Os alumnos e alumnas do noso centro, CEIP Álvaro Cunqueiro, realizaron onte, 28 de febreiro, unha ofrenda floral para conmemorar o aniversario do falecemento do escritor Álvaro Cunqueiro Mora ante a súa tumba. Ademais, o catedrático de Lingua Literatura Galega, César Morán, puxo música algúns dos poemas escritos polo autor e que diferentes alumnos/as leron dentro do programa de actos que tivo lugar durante todo o día.
Nos tamén queremos facer unha pequena homenaxe recomendando algúns dos seus escritos máis célebres:

- Merlín e familia (prosa).

- Xente de aquí e de acolá (relato).

- O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (teatro).

Ningún comentario:

Publicar un comentario