martes, 23 de marzo de 2021

Día de Rosalía e día de Cunqueiro a través da radio

 Ola merliños e merliñas, como todos estábades esperando xa temos novidades no noso blog. Neste caso celebramos dous días moi importantes para a nosa terra e a súa cultura, o día de Rosalía de Castro por unha banda (24 de febreiro) e o día do noso querido Álvaro Cunqueiro (28 de febreiro). Como xa sabedes os nosos pícaros non teñen barreiras e propuxéronse novas metas. Desta vez o alumnado de 6º atreveuse a facer un pequeno programa de radio. De forma amena e innovadora fixeron un debate dun dos poemas de Rosalía, posteriormente abraiáronnos cunha adaptación cantada do poema de "Airiños, airiños aires", tamén nos descubrión certas curiosidades de Cunqueiro que ninguén sabia. 

Moi atentos que no seguinte enlace contámosvos todo. 


Programa Rosalía e Cunqueiro






Ningún comentario:

Publicar un comentario