Bos días amiguiños!
Hoxe venres, 24 de maio, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo unha visita moi especial a un lugar incrible que atopamos moi cerca da nosa escola: a biblioteca do Seminario.
Alí quedaron abraiados con todo o que viron e aprenderon da man de Don Félix Villares, quen lles falou sobre a construcción de dito seminario, o 3º en antigüidade de toda España. Grazas a el descubriron numerosas curiosidades e puideron coñecer verdadeiros tesouros, como a biblia políglota, un libro do Século XIII sobre a vida de San Francisco de Asís, o primeiro dicionario de galego de Valladares (datado do ano 1884) e tres incunables. Ademais diso, os nenos foron agasallados con libros, e para a nosa biblioteca tamén nos deron dous exemplares. A visita non puido ser mellor! E vos... sabiades que a biblioteca do Seminario era así? Paga a pena visitala! Estamos seguros que volveremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario