Onte celebramos o
Día das Letras Galegas no noso centro, este ano dedicadas ó poeta Xosé María
Díaz Castro. Durante a mañá os alumnos e alumnas fixeron carreiras, divididos por
cursos, por diferentes percorridos ó longo das instalacións do centro.
Seguidamente entregamos un diploma distintivo os tres primeiros nenos e nenas
de cada carreira.
Máis fotos da carreira no blogue "Deporte y animación sociocultural en Mondoñedo".
Pola tarde os alumnos e alumnas de 6º E.P. leron un resumo sobre a vida do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, e varios alumnos e alumnas de 5º E.P. recitaron algún dos seus poemas.
Para rematar a sesión todos xuntos cantamos o Himno Galego e a canción "Meu o mundo é".
Ningún comentario:
Publicar un comentario