Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro
Infantil data escollida por ser o nacemento de Hans Christian Andersen e co
ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención dos cativos e
cativas.
Para conmemorar este día, o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha
imaxe e un texto a un autor, e neste ano as elexidas foron autoras irlandesas
as que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividad esencial
na formación das persoas: Siobhán Parkinson é
a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh
Sharkey ilustra o
cartel conmemorativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario