Dende o equipo de dinamización da biblioteca, xunto coa Comisión de dinamización da lingua galega, invitamos a todos os alumnos e alumnas do centro a escribir no MURO DA PAZ, mensaxes de paz en galego. O mesmo tempo tamén recomendamos diferentes contos sobre dita celebración, engadindo unha frase representativa de cada un deles. Tales frases son:
Do libro O nacemento do dragón, "... cando os homes e as mulleres de todas as tribus de China descubriron o dragón imaxinado polos seus fillos, pareceulles tan fermosos que, por primeira vez, estiveron todos de acordo. E entón decidiron que xamais farían a guerra entre eles...".
No conto Negros e brancos, "...os netos dos elefantes amantes da paz saíron da selva... e viven en paz".
E no libro O país dos mandóns, "E pensaron e pensaron e decidiron que un país no que as nenas e os nenos están contentos, no que as nais e os pais colaboran xuntos, no que os avós e as avoas non están tristes... tense que chamar o país da IGUALDADE".
Ningún comentario:
Publicar un comentario