O Apalpador, tamén coñecido co nome de Pandigueiro, é un carboeiro
tradicional de Galicia, que tal como indica a tradición, baixa a noite do 24 ou
do 31 de decembro a tocar a barriga aos nenos e nenas para comprobar se comeron
abondo durante o ano, deixando castañas e tamén algún regalo.
A través da Comisión de dinamización da lingua galega estamos traballando
esta figura no centro, mediante a recomendación dalgúns contos, o aprendizaxe
da cantiga do Apalpador e a escritura dunha carta coas nosas peticións.
Podedes aprender a cantiga do Apalpador:
Os contos recomendados son Antón e o Apalpador, O apalpador e a castaña máxia e O conto do apalpador, que tamén podedes ler on-line.
Ningún comentario:
Publicar un comentario