E aquí un breve testemuño fotográfico do que foron os diferentes clubs de lectura.
domingo, 1 de xuño de 2025
OS NOSOS AXUDANTES
Como cada curso temos que darlles as grazas aos nosos axudantes pola súa colaboración, pois sen eles sería imposible o bo funcionamento da mesma.
AMBIENTACIÓN MEDIEVAL
Ao longo do curso fomos facendo decorado e artellando para que o noso cole fora tendo aspecto de castelo.
sábado, 31 de maio de 2025
HOSPITAL DE SAN PABLO E RESIDENCIA SAN RAFAEL
Como o curso anterior, este curso o alumnado de sexto do Club de Lectura, "Os Merliños",
como actividade da lectura "Plan de Rescate" de Antía Yáñez, fixeron eles unha adaptación da mesma e procederon á súa representación, para os residentes do Hospital de San Pablo e a Residencia San Rafael, así como lles contaron uns contos e as nosas cantareiras fixeron unha pequena actuación da que quedaron encantados.
venres, 23 de maio de 2025
PLAN DE RESCATE
Desde o club de lectura o alumnado de 6º de primaria quixeron adaptar e representar a obra de Antía Yañez, "Plan de Rescate", que estiveron lendo no club de lectura.
E estreamos o día das Letras Galegas.























