venres, 31 de maio de 2024

O ANTES E O DESPOIS

 


Así é como estaba a nosa biblioteca






E así é como a puxemos, así para o vindeiro curso, podemos disfrutar dunha nova biblio






martes, 28 de maio de 2024

OS VOSOS XOGOS


 

Os xogos cos que nos obsequiaron ao longo do curso o alumnado con material de refugallo.

 

 

luns, 27 de maio de 2024

PLAN DE RESCATE - CLUB DE LECTURA OS MERLIÑOS

 

Como actividade para o libro do club de Lectura de 4º de educación primaria, propuxeron escribir unha carta co tema " Como te sentirías ti se che fixeran bullyng", proposto por unha das participantes e moi ben acollido polo resto.


A ver quen se anima a deixar a súa carta no buzón pode ser anónima.





xoves, 23 de maio de 2024

VISITA Á BIBLIOTECA DO SEMINARIO

 

 

 E Don Félix Villares tan atento como de costume, con moita sabiduría contounos moita da historia dos incunables e outros exemplares existentes na Biblioteca do Seminario Conciliar de Santa Catalina.












martes, 21 de maio de 2024

VISITA Á CATEDRAL

 


Desde a Anpa do centro organizaron unha visita á Catedral para o alumnado de 2º de primaria, na que puidemos ver " Os Cantorales", que causaron gran impresión polo tamaño e polo seu contido ao noso alumnado.







xoves, 16 de maio de 2024

mércores, 15 de maio de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - CLUB DE LECTURA OS MERLIÑOS

 


No Club de Lectura Os Merliños, co alumnado de 6º de educación primaria, estivemos lendo "A filla do ladrón de bicicletas", e quixeron eles mesmos facer unha adaptación e representala, conmemorando con ela o día das Letras Galegas, que dicir que o resto do alumnado quedou encantado.

Tanto a adaptación da mesma, como os decorados foron feitos por eles coa colaboración de dúas alumnas de 4º de primaria, Olivia e Candela.