E Don Félix Villares tan atento como de costume, con moita sabiduría contounos moita da historia dos incunables e outros exemplares existentes na Biblioteca do Seminario Conciliar de Santa Catalina.
E Don Félix Villares tan atento como de costume, con moita sabiduría contounos moita da historia dos incunables e outros exemplares existentes na Biblioteca do Seminario Conciliar de Santa Catalina.
Desde a Anpa do centro organizaron unha visita á Catedral para o alumnado de 2º de primaria, na que puidemos ver " Os Cantorales", que causaron gran impresión polo tamaño e polo seu contido ao noso alumnado.
No Club de Lectura Os Merliños, co alumnado de 6º de educación primaria, estivemos lendo "A filla do ladrón de bicicletas", e quixeron eles mesmos facer unha adaptación e representala, conmemorando con ela o día das Letras Galegas, que dicir que o resto do alumnado quedou encantado.
Tanto a adaptación da mesma, como os decorados foron feitos por eles coa colaboración de dúas alumnas de 4º de primaria, Olivia e Candela.
Este ano, desde o CEIP VELEIRO DOCAMPO, solicitaronnos diversos exemplares de libros que tiveramos na nosa biblio con motivo do Camiño de Santiago, os cales intercambiamos.
E aproveitamos para coñecer a súa biblioteca que nos gustou moito e da que sacamos algunhas ideas, e tamén nós lles presentamos a nosa.
Así tamén por medio dun vídeo tamén nos propuxeron un reto o cal aceptamos de moi bo grado.
Para conmerorar o Día do Libro, o alumnado maior leelle, represéntalle ou fai uso da mesa de luz para contarlles un conto aos máis pequenos, unha actividade que estivo moi entretenida, que todos desfrutamos e coa que imos descubrindo verdadeiros actores.
E tamén plantamos, primeiro consultamos os diferentes libros que existen na biblioteca sobre as plantas e como debemos levar a cabo a plantación e a continuación, fixemos os nosos pinitos como labregos.