E como no podía ser doutro xeito, este ano disfrazámonos de xoguetes.
En colaboración co Plan Proxecta e o club de ciencia, elaboramos o mural da Paz, no que se poden ver os paises que imos coñecer, e que mediante o circuito eléctrico puidemos iluminar.
No noso centro temos unha gran riqueza e variedade de culturas, quixemos coñecer un pouquiño máis acerca dos xogos e xoguetes cos que se xogan nos diferentes paises, así como os bailes e a comida. Así en colaboración co Plan Proxecta, fixemos Bailes, Xogos e Comida dos diferentes paises.
Viñeron os pais dar a coñecer os produtos típicos, bailes e xogos tradicionais dos diferentes paises que conviven no centro. ( Cuba, Marrocos, Venezuela, Hondura, Siria, ...)
Este ano desde o club de lectura organizamos a visita de Paula Carballeira, quedando con ganas de voltar a ter esta experiencia, aquí vos deixamos unha mostra da súa visita.
E na Cabalgata de Reis, estivemos para cambiar os xoguetes que fixemos por un produto non perecedero para entregar a Cáritas.
E como non parte dos nosos xoguetes fomos entregalos aos nenos do Hospital de San Pablo e á Residencias San Rafael.