PASATEMPOS
Na revista do noso cole, non podía faltar a aportación de infantil referida á biblioteca, o alumnado de catro anos, fixo un pasatempo para adiviñar o título do libro que corresponde á portada, a ver se sabedes vós a que libro pertence.
PASATEMPOS
Na revista do noso cole, non podía faltar a aportación de infantil referida á biblioteca, o alumnado de catro anos, fixo un pasatempo para adiviñar o título do libro que corresponde á portada, a ver se sabedes vós a que libro pertence.
Este ano continuamos co club de lectura, ampliando ao club de lectura de adultos, tivemos as reunións os martes en horario de lecer, para que todos poideran asistir ao mesmo, entre outros títulos escollimos:
Anne das Tellas Verdes.
Scarlatina, a cociñeira defunta.
Plan de Rescate.
A Filla do ladrón de bicicletas.
Memorias dun neno labrego.
La cría.
Donde aúllan las colinas
Seres queridos.
Ademais da lectura, tamén degustamos diversos postres que fixeron os asistentes ao club de lectura, Zoe, Carla, Luísa, e celebramos a chocolatada de ánimo, antes do Nadal.
Contamos coa visita de Antía Yañez, para falarnos acerca do seu libro, e coñecer máis de cerca a súa obra.
E como non podía ser doutra maneria e agradecéndolle infinito a colaboración aValentín, o noso campaneiro parte do alumnado de 6º de educación primaria, tivo o privilexio de subir ao campanario da nosa Catedral.
Comezamos a empregar a realidade aumentada co cubo merge, vimos o ovo e o pitiño dentro del, aqui temos unhas cantas fotos.
E desde aquí damos as gracias aos nosos axudantes sen eles non sería posible o funcionamento da nosa biblio. Moitas gracias.!!!
Continuamos coa colaboración no Plan Proxecta e desta vez tocou facer unha xornada de convivencia coa Residencia San Rafael.