domingo, 7 de maio de 2023

EXPERIMENTOS

E-TEXTILES

 

Aproveitando que fixemos formación sobre e-textiles coas














tarxetas playground express, estamos a ver o seu funcionamento das mesmas, causando gran expectación, polo que para o vindeiro curso, xa temos un novo tema no que profundizar.


LIBRO VIAXEIRO

 

Fixemos un libro de poemas en colaboración coa gardería A galiña Azul, Hospital de San Pablo, Residencia San Rafael e o alumnado de infantil, para colaborar de novo no Plan Proxecta da compañeira de infantil, Isabel Vázquez.





martes, 2 de maio de 2023

LETTERING

 


Realizamos talleres de lettering que foron dados por alumnas de 4º e 6º de educación primaria que lles encanta a realización de dita técnica.






mércores, 26 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

 


 E como non tamén celebramos o día do Libro, aquí tedes algunha mostra do que fixemos, ademais do apadriñamento lector.







APADRIÑAMENTO LECTOR

 


Para o día do libro decidimos facer un apadriñamento lector, no que o alumnado de 3º a 6º de educación primaria lían contos ao resto do alumnado do cole.
















xoves, 13 de abril de 2023

ANTÍA YAÑEZ

 


A través do club de lectura Merliños, contamos coa visita á nosa biblioteca de Antía Yañez