Este ano os oficios son o noso e aquí tedes como facemos as nosas credenciais de axudantes. e como nos quedan.
Este ano os oficios son o noso e aquí tedes como facemos as nosas credenciais de axudantes. e como nos quedan.
Bos días queridos merliños e merliñas, nestes últimos días ainda non deixamos de traballar. Dende o club da ciencia aproveitamos para introducirnos na programación a través dunhas tarxetas chamadas micro-bit. Esto serviranos para asentar unha bases cara o vindeiro curso e poder desenvolver proxectos máis complexos a nivel de programación e robótica.
Queridos merliños/as, sabedes o que é un skyline? Hoxe vamos ensinarvos esta novidosa actividade na que os rapaces vos ensinan o último tramo do camiño de Santiago dunha forma interactiva e elaborada por eles mesmos en coordinación co club da ciencia. Premendo os botóns poderán ver onde están os diferentes concellos e escoitarán a información máis relevante de cada un a través das voces dalgúns dos nosos merliños/as.
E para culminar o noso proxecto, fixemos un cachiño do Camiño Norte, o Noso Camiño, aqui podedes ver que nos mollamos como auténticos peregrinos, recibimos a compostela e desfrutamos coma o que máis.
Hoxe compartimos un vídeo moi singular onde os merliños/as de 6º de Infantil promocionan o camiño norte e por suposto todo o que podedes ver no seu paso por Mondoñedo. Non deixedes pasar a ocasión de ver esta fermosa montaxe realizada coa axuda da nosa magnífica profe de prácticas Gemma.