sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Bos días amiguiños!
Aquí vos deixamos os vídeos creados polo Equipo de Biblioteca (en colaboración co EDLG e o Equipo de TICS) do CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO con motivo dun dos días máis especiais do ano, o día das nosas Letras Galegas. Agardamos que vos gusten!
Un saudiño!




xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Boas amiguiños!

Hoxe quero ensinarvos que a colección dedicada ás Letras Galegas que temos no cole aumentou. Podedes levar xa de préstamo os novos títulos e mergullarvos nun mundo de fantasía con estes novos libros! Agardamos que vos gusten!


mércores, 15 de maio de 2019

Visita de Paco Piñeiro

Boas amiguiños!

Hoxe, o noso veciño natural de Mondoñedo fíxonos unha visita ao cole. El é Paco Piñeiro e quixemos invitalo este ano como principal autor para festexar as Letras Galegas 2019.

Nas primeiras horas da mañá o noso alumnado repartido por niveis (Infantil por un lado, 1º e 2ºEP, 3º e 4º EP e finalmente 5º e 6º EP), desfrutaron dunha representación teatral da man de Paco máis a súa dona Paz. Realmente estivo moi ben, xa que aos nenos/as lles gustou moito e a obra estaba adaptada ás demandas do público. 

E, para rematar a xornada reuníunos a todo o centro para contarnos un pouquiño a súa vida e poder facerlle algunha que outra preguntiña. 

Moitas grazas Paco e Paz por visitarnos e por agasallarnos con varios libros que xa están nun recuncho da nosa biblioteca.











luns, 29 de abril de 2019

LIBRO VIAXEIRO

Boas amiguiños!

Aquí vos deixamos o libro viaxeiro creado con motivo da celebración do día do libro por todo o alumnado do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. É este un libro que nos conta unha historia moi especial, que foi comezado  polos nenos e nenas de Educación Infantil e rematado polo alumnado de 6º de Educación Primaria. Este libro axudaranos a percorrer Mondoñedo da man dun persoeiro que desprende moita máxia, adiviñades quen é o protagonista? Agardamos que vos guste moito!

Un saudiño!




martes, 23 de abril de 2019

23 de Abril: Día do libro

Ola amiguiños!

Con motivo da celebración do día do libro fixemos un apadriñamento lector no patio do noso colexio. Así, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de escoitar as historias que moi gustosamente lles leu o alumnado de  3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Moitas gracias a todos os mestres e a todo o alumnado desta escola pola súa colaboración.



venres, 29 de marzo de 2019

BIBLIOMERLIÑO ABERTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Non foi posible facelo antes, pero a partir do vindeiro mes de Abril a biblioteca do centro estará aberta para que aqueles que o desexen poidan acudir a ela e levar libros de préstamo co número do seu fillo/a. De momento o horario no que poderán ser atendidos será os MARTES, de 10:20 a 11:15 horas.

Moitas grazas, un saúdo.

Equipo de Coordinación da Biblioteca do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

domingo, 24 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Moi bo día amiguiños!


Hoxe foi un día grande, así como de grande foi a persoa que lembramos nestas datas. Hoxe día 24 de Febreiro lembramos a Rosalía de Castro, e para iso levamos a cabo distintas actividades que vos mostramos nas imaxes.Un saúdo!