luns, 29 de abril de 2019

LIBRO VIAXEIRO

Boas amiguiños!

Aquí vos deixamos o libro viaxeiro creado con motivo da celebración do día do libro por todo o alumnado do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. É este un libro que nos conta unha historia moi especial, que foi comezado  polos nenos e nenas de Educación Infantil e rematado polo alumnado de 6º de Educación Primaria. Este libro axudaranos a percorrer Mondoñedo da man dun persoeiro que desprende moita máxia, adiviñades quen é o protagonista? Agardamos que vos guste moito!

Un saudiño!




martes, 23 de abril de 2019

23 de Abril: Día do libro

Ola amiguiños!

Con motivo da celebración do día do libro fixemos un apadriñamento lector no patio do noso colexio. Así, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de escoitar as historias que moi gustosamente lles leu o alumnado de  3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Moitas gracias a todos os mestres e a todo o alumnado desta escola pola súa colaboración.



venres, 29 de marzo de 2019

BIBLIOMERLIÑO ABERTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Non foi posible facelo antes, pero a partir do vindeiro mes de Abril a biblioteca do centro estará aberta para que aqueles que o desexen poidan acudir a ela e levar libros de préstamo co número do seu fillo/a. De momento o horario no que poderán ser atendidos será os MARTES, de 10:20 a 11:15 horas.

Moitas grazas, un saúdo.

Equipo de Coordinación da Biblioteca do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

domingo, 24 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Moi bo día amiguiños!


Hoxe foi un día grande, así como de grande foi a persoa que lembramos nestas datas. Hoxe día 24 de Febreiro lembramos a Rosalía de Castro, e para iso levamos a cabo distintas actividades que vos mostramos nas imaxes.Un saúdo!



  




mércores, 30 de xaneiro de 2019

Día da Paz

Moi bos días!

Este ano con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz o alumnado da nosa escola cantou unha fermosa canción de Rozalén titulada "Girasoles". Empregando unha das frases desta canción creouse un mural que foi decorado con xirasois decorados polos nenos e nenas do colexio. Pero iso non foi todo, pois unha gran chocolatada axudou tamén a festexar este día. Un día fermoso cheo de sorrisos.








venres, 21 de decembro de 2018

FELICES FESTAS!

Ola amiguiños!

Estou moi contento de poder ensinarvos como quedou a decoración do corredor que leva á biblioteca, e todo grazas á colaboración dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Entre todos conseguiron ambientar a escola para poder darlle a benvida ao Nadal e ao novo ano 2019. Agardo que a vós tamén vos guste tanto como a min.

Felices festas!







xoves, 29 de novembro de 2018


Ola amiguiños/as!

Con motivo da Semana da Ciencia e do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares quixemos levar a cabo unha interesante actividade que cautivou aos nenos e nenas desta escola! O alumnado de quinto e sexto levou a cabo distintos experimentos diante do alumnado dos cursos inferiores, que quedaron abraiados coa maxia destes científicos! Deixamosvos algunhas imaxes do día!

Unha aperta!