mércores, 11 de decembro de 2013

LECTURA DE NADAL

Recomendamos para este Nadal o libro "Cuando Papa Noél  se compró un camión", escrito por Alfredo Gómez Cerdá e ilustrado por Juan Ramón Alonso, onde trabállase a Educación vial con moito humor.

Podedes ver o libro no seguinte enlace:



luns, 9 de decembro de 2013

O APALPADOR

O Apalpador, tamén coñecido co nome de Pandigueiro, é un carboeiro tradicional de Galicia, que tal como indica a tradición, baixa a noite do 24 ou do 31 de decembro a tocar a barriga aos nenos e nenas para comprobar se comeron abondo durante o ano, deixando castañas e tamén algún regalo.


A través da Comisión de dinamización da lingua galega estamos traballando esta figura no centro, mediante a recomendación dalgúns contos, o aprendizaxe da cantiga do Apalpador e a escritura dunha carta coas nosas peticións.

Podedes aprender a cantiga do Apalpador:



Os contos recomendados son Antón e o Apalpador, O apalpador e a castaña máxia e O conto do apalpador, que tamén podedes ler on-line.




domingo, 8 de decembro de 2013

Lecturas para o Nadal

A contacontos Beatriz Montero recoméndanos unha serie de libros para festexar o Nadal dende as aulas ou coa familia, inclúe contos infantís, panxoliñas, poemas, cancións...


venres, 6 de decembro de 2013

DÍA DA CONSTITUCIÓN

O venres, día 6 de decembro, festexamos o DÍA DA CONSTITUCIÓN, e para iso quixemos recordar algúns dos nosos dereitos e deberes, traballando a importancia de cada un deles e dando como resultado o seguinte vídeo. Desexamos que vos guste!







(Sentímolo moito pero cando se pon o vídeo en pantalla completa perde calidade)


martes, 3 de decembro de 2013

Día Internacional das personas discapacitdas

O día 3 de decembro festexouse o Día Internacional das Persoas Discapacitadas ou con capacidades diferentes.



Todas as persoas temos dereito a ser incluídas.

 En relación a devandito día, compartimos con vostros o conto "Por cuatro esquinitas de nada" de Jérome Ruillier. A gozalo!!


domingo, 24 de novembro de 2013

Día Internacional contra a Violencia de xénero

Mañá, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e moitas das bibliotecas escolares de Galicia organizan diferentes actividades, servindo ademais de plataforma para a presentación de recursos elaborados polos alumnos e alumnas dos distintos centros escolares a prol da igualdade e contra a violencia de xénero. Algunhas de estas actividades son:

- Do lila ao laranxa (CEIP Frián-Teis, VIGO).


- Because I am a girl (CEIP de Andrade, Pontedeume).

- 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero (IES Concepción Arenal, Ferrol).

Por outra banda, a ONU está levando a cabo unha campaña co nome de "ESPAZOS SEGUROS PARA MULLERES E NENAS", coa intención de poñer fin á violencia contra as mulleres. Dende a súa páxina propoñen unha serie de activides e recursos para traballar nas aulas.


venres, 22 de novembro de 2013

FESTEXAMOS O MAGOSTO


O  venres 15 de novembro celebramos un magosto moi literario, cada grupo de nenos e nenas creou un conto sobre unha castaña e logo o compartiron co resto dos compañeiros e compañeiras.

Primeiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil escoitaron atentamente o conto creado por eles, titulado "A castaña Daniela". Tamén o puideron ver no ordenador e gozaron moito observando a súa creación no blogue.

Seguidamente reunímonos todos no patio do colexio, xa preparados para degustar as castañas, e escoitamos as historias tan divertidas que lle ocorren as nosas amigas as castañas.