domingo, 24 de novembro de 2013

Día Internacional contra a Violencia de xénero

Mañá, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e moitas das bibliotecas escolares de Galicia organizan diferentes actividades, servindo ademais de plataforma para a presentación de recursos elaborados polos alumnos e alumnas dos distintos centros escolares a prol da igualdade e contra a violencia de xénero. Algunhas de estas actividades son:

- Do lila ao laranxa (CEIP Frián-Teis, VIGO).


- Because I am a girl (CEIP de Andrade, Pontedeume).

- 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero (IES Concepción Arenal, Ferrol).

Por outra banda, a ONU está levando a cabo unha campaña co nome de "ESPAZOS SEGUROS PARA MULLERES E NENAS", coa intención de poñer fin á violencia contra as mulleres. Dende a súa páxina propoñen unha serie de activides e recursos para traballar nas aulas.


venres, 22 de novembro de 2013

FESTEXAMOS O MAGOSTO


O  venres 15 de novembro celebramos un magosto moi literario, cada grupo de nenos e nenas creou un conto sobre unha castaña e logo o compartiron co resto dos compañeiros e compañeiras.

Primeiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil escoitaron atentamente o conto creado por eles, titulado "A castaña Daniela". Tamén o puideron ver no ordenador e gozaron moito observando a súa creación no blogue.

Seguidamente reunímonos todos no patio do colexio, xa preparados para degustar as castañas, e escoitamos as historias tan divertidas que lle ocorren as nosas amigas as castañas.