sábado, 26 de outubro de 2013

APRENDENDO MÁIS E MELLOR DENDE A TÚA BIBLIOTECA ESCOLAR


Ola amigos e amigas lectores:

         Son Merliño e este ano encárgome eu de  comentar as noticias da nosa biblioteca. Por iso, con motivo da celebración do Día da Biblioteca retomamos a actividade neste blog, primeiramente inagurando oficialmente a apertura da biblioteca os diferentes cursos dende o 21 de outubro e tamén renovando a nosa imaxe para este curso con motivo de dita celebración.

E por último, e máis destacable, recordar que a lectura na etapa escolar é moi importante, e a BIBLIOTECA cumpre unha especial  labor na ensinanza e no aprendizaxe xa que serve como base para propiciar, favorecer e estimular a lectura, pois ofrece tanto a mestres e alumnado recursos dixitais, electrónicos e impresos. De esta maneira, o obxetivo para este curso é acercarnos a toda a comunidade educativa e ofrecer diferentes recursos que FOMENTEN A LECTURA, e por iso os convidamos a todos a seguirnos neste páxina.
Campaña de fomento da lectura das Bibliotecas de Coruña

mércores, 6 de febreiro de 2013

Hola amiguiños: 
 Retraseime un pouco na presentación dos meus traballos dado que esta biblioteca estivo de reformas e atendin a que ma deixaran ben acondicionada. Eso si, non esquecin de conmemorar as distintas celebracións que se realizaron no meu cole con distintas actividades, entre elas variados murais dos que vos deixo fotos. Dende agora espero poñerme ao día e tervos informado de todo aquilo que vaiamos ideando e traballando. 

 O MAGOSTO






Que ricas estaban as castañas!!
 
O NADAL




Os nen@s de infantil elaboraron a súa propia merenda de Nadal. Como bos cociñeiros levaban o seu gorro decorado con espumillón, moi propio destas datas. A merenda estaba para chupar os dedos!! Mmmmmmmmm.
 


O DÍA DA PAZ



 Esta árbore estaba pedindo a berros que lle deran cor e alegría. E así o fixemos...



 Para darlle cor a esa árbore tan triste, decorámola coas pombas que previamente elaboramos nas nosas aula.




E así de fermosa quedou a nosa árbore da paz. 

O ENTROIDO


 Este Entroido aínda non sabía o que lle esperaba... 



Para celebrar esta data tan especial decoramos o noso cole con  murais de máscaras. Que bonito quedou o mural dos rapaces de 6º de primaria!



Fixemos un desfile no patio para lucir os nosos disfraces e os de 6º ata fixeron unha coreografía!!



E xa por último...a queima do Entroido.

mércores, 16 de maio de 2012

LIM VALENTÍN PAZ ANDRADE

AQUÍ TAMÉN VOS DEIXAMOS OUTRO LIM FEITO POR ANA MARTÍNEZ REY, TODA UNHA EXPERTA CON ESTES LIBROS.


Letras Galegas 2012

Este ano o Día das Letras Galegas esta adicado a Valentín Paz Andrade. Algunhas mestras do colexio elaboramos este LIM para que coñezades un pouco máis deste escritor. Esperamos que o pasedes ben e vos sexa de proveito!.




martes, 24 de abril de 2012

ESTAMOS CATALOGANDO

Queremos recordarvos que este ano non se realiza o préstamo  nin outras actividades xa que estamos catalogando os libros..., pero hai que ter paciencia, é un proceso longo que nos levará todo o curso pero sen dúbida será beneficioso para todos.Xa sabedes que cada curso ten un día asignado no recreo para vir á biblioteca para ler, consultar, xogar...pero tamén ás veces algúns colaborades e nos axudades a colocar os libros. Dende o Equipo da Biblioteca agradecemos a axuda a tod@s @s colaboradores, tanto alumn@s coma profes.

venres, 20 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO


                                 O 23 de abril deixa voar a túa imaxinación...
                                                                                                       é o DÍA DO LIBRO.

Escolleuse o día 23 de abril  como día do libro e de dereito de autor pola coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes,  William Shakespeare e  Garcilaso de la Vega  na mesma data no ano 1616.  No Recuncho de Merliño podedes atopar máis información sobre este día.


 



 E dende o Equipo da Biblioteca  queremos  celebrar esta data cunha pequena homenaxe a unha fabulosa curtametraxe gañador do Oscar 2012 titulado The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore (Los libros voladores de Mr. Morris Lessmore). Dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg, da que emana un profundo amor polos libros  e nos recorda o importante que é literatura nas nosas vidas. Disfrutade coa viaxe...