Estos últimos días que quedan para chegar ao Nadal, dende os Equipos de Dinamización Lingüística e o de Biblioteca, propoñemos unha actividade: recoñecer a un personaxe que realizamos con cartón e teas e que ubicamos na entrada do colexio no recanto do galego.
luns, 19 de decembro de 2011
domingo, 20 de novembro de 2011
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
O 20 de novembro conmemórase a data na que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasa a ser o Día Universal dos Nenos e Nenas.
No recuncho de Merliño podedes atopar material que fai referencia a este día, achegádevos e poderedes ler sobre os vosos dereitos.
xoves, 27 de outubro de 2011
SAMAÍN
A biblioteca do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora dávos a benvida a este novo curso 2011/12. Iniciamos as actividades invitándovos a que nos visitedes e deades renda solta a vosa imaxinación con relatos de medo, xa que estamos na época do SAMAÍN.
O voso amigo Merliño e o seu compañeiro, o morcego, amósanvos unha mostra de lecturas no seu recuncho...
Títulos como: Pantasmas no corredor; Oposicións a bruxa e outros contos; Mamasiña, que medo!; ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde! e a colección BAT PAT,entre outros, farán que pasedes un día terroríficamente entretido.
E a Bruxa Piruxa fixo caso das nosas recomendacións e o venres 28 pola tarde apareceu polo corredor de infantil (que por certo, estaba moi ben adornado para a ocasión con morcegos que fixeron os nen@s) e contoulles aos nen@s e profes dous contos, que de seguro escolleu do recuncho de Merliño:
O Lobo Feroz(Ed. OQO) e A Bruxa Regañadentes(Ed.OQO).
mércores, 2 de febreiro de 2011
BENVID@S
A través desta primeira entrada dámosvos a benvida á Biblioteca do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. Aquí poderedes atopar tódalas novas que vaian surxindo así como todas as actividades que vaiamos realizando ao longo do curso.
A nosa mascota MERLIÑO, acompañaranos en todo momento e no seu recuncho poderemos atopar as novidades referidas a literatura.
Esperamos que esta nova andaina sexa do voso agrado e lembrade que seguiremos medrando grazas aos vosos comentarios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







