mércores, 22 de abril de 2026

INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

Elaboramos os nosos instrumentos musicais, que aínda que non soen moi afinados, nós intentámolo.

Aquí tedes a nosa Zanfonía e noso Salterio. 

 


 







luns, 20 de abril de 2026

A MURALLA

Este ano fixemos a maqueta da Muralla Medieval de Mondoñedo, para iso solicitamos a colaboración do concello, mediante unha carta que redactou o alumnado e recibimos a visita do arqueólogo municipal, logo o avó dunha alumna, Mara, deunos o porespan e pegamento. Outra nai axudou a facer as casiñas e no tempo de lecer, despois de comer, fomos facendo a maqueta  e sí quedou. Para todo iso necestitamos a colaboración de todo o profesorado senón sería inviable acadar o resultado.

Coa cortadora láser o profe Miguel fixonos a fachada da Catedral e os nomes das portas.

 

Moitas gracias a todos!!!!!! 





 


















FEIRA DO LIBRO DO CEIP LAVERDE RUIZ

 Para conmemorar o Día do Libro, os nosos compañeiros do CEIP Laverde Ruíz, que mellor que organizaron por segundo ano a Feira do Libro, e como fomos convidados para aló fomos. Moitas gracias por convidarnos pasámolo xenial.










venres, 20 de marzo de 2026

MOTIVOS PARA LER "PLAN DE RESCATE"

 E aqui o alumnado de cuarto vos deixan unhas suxerencias para que leades "Plan de Rescate" de Antía Yáñez"






xoves, 19 de marzo de 2026

FABRICA DE PAPEL


 Os nosos pequerrechos da man da súa titora aprenden a facer papel, así tamén aprenden a arte da reciclaxe.