domingo, 6 de decembro de 2020

SAMAÍN

Ola merliños e merliñas, aquí estamos de novo outro curso máis traéndovos as novas da biblio-merliño. Este curso vai ser complicado polo que todos xa coñecemos, pero como vedes, seguimos o pé do cañón. Coa chegada do Samaín creamos unhas historias de medo, desas que non che deixan durmir pola noite do aterradoras que son. Aquí vos deixamos a elaborada por 3º, no post seguinte irá a de 4º. Un saúdo meus queridos magos. 



venres, 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020


Ola Merliños e Merliñas, de novo chega o entroido a Mondoñedo acompañado de troula, gargalladas, disfraces, festa e bailes. Como tódolos anos os nenos e nenas deixaron as suas roupas tradicionais na casa para caracterizarse, neste caso, de diferentes películas. Aquí vos deixamos algunhas fotiños de todos eles. BO ENTROIDO!!!!!


4º INFANTIL                                   UP
5º INFANTIL                                   UP
6º INFANTIL                                      O LIBRO DA SELVA
1º PRIMARIA                                            HARRY  POTTER

2º PRIMARIA                                                   OS PITUFOS
3º PRIMARIA                                  BUSCANDO A NEMO
4º PRIMARIA                                                         EMOJIS

5º PRIMARIA                                             101 DÁLMATAS




6º PRIMARIA                                                     GREASE





venres, 24 de xaneiro de 2020

Nadal 2019

E chegou o nadal ó cole, datas especiais onde cada curso nos sorprendeu con diferentes cancións e actuacións. 








Xa que o cine é o proxecto de traballo que emerxe dende a biblioteca, chegounos a visita dun tren foi famoso nesta época navideña, o Polar Express. 


MES DA CIENCIA


 No mes de novembro celebramos no Ceip Álvaro Cunqueiro o mes da ciencia. Primeiramente quixemos enfocalo ó sector femenino da ciencia que permeceu na sombra o longo  da nosa historia. Por iso elaboramos un mural con mulleres que realizaron grandes avances e descubrimentos neste campo.



Neste mes tamén fomos protagonistas da ciencia elaborando os nosos propios experimentos (alumnos e alumnas de 5º de Primaria). Podedes ver os diferentes experimentos no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=vit9QjWUjNQ

martes, 29 de outubro de 2019

Recomendacións Samaín

Ola amiguiños!

Achégase unha data terrorífica, unha data de pantasmas, mortos, monstros, momias, vampiros.... Achégase o Samaín!!! Sabedes que na miña casa podedes atopar moitas historias nas que aparecen algúns destes personaxes? En galego, en castelán, en inglés... podedes disfrutar das lecturas do Samaín en compañía da vosa familia. Algunhas das miñas recomendacións son as seguintes:


Agardo que vos gusten!


No Samaín 
fai coma min
vai a BiblioMerliño
para ler algún libriño!