venres, 4 de decembro de 2020
venres, 21 de febreiro de 2020
ENTROIDO 2020
Ola Merliños e Merliñas, de novo chega o entroido a Mondoñedo acompañado de troula, gargalladas, disfraces, festa e bailes. Como tódolos anos os nenos e nenas deixaron as suas roupas tradicionais na casa para caracterizarse, neste caso, de diferentes películas. Aquí vos deixamos algunhas fotiños de todos eles. BO ENTROIDO!!!!!
![]() |
| 4º INFANTIL UP |
![]() |
| 5º INFANTIL UP |
![]() |
| 6º INFANTIL O LIBRO DA SELVA |
![]() |
| 2º PRIMARIA OS PITUFOS |
![]() |
| 4º PRIMARIA EMOJIS |
![]() |
| 5º PRIMARIA 101 DÁLMATAS |
![]() |
| 6º PRIMARIA GREASE |
venres, 24 de xaneiro de 2020
Nadal 2019
E chegou o nadal ó cole, datas especiais onde cada curso nos sorprendeu con diferentes cancións e actuacións.
Xa que o cine é o proxecto de traballo que emerxe dende a biblioteca, chegounos a visita dun tren foi famoso nesta época navideña, o Polar Express.
Xa que o cine é o proxecto de traballo que emerxe dende a biblioteca, chegounos a visita dun tren foi famoso nesta época navideña, o Polar Express.
MES DA CIENCIA
No mes de novembro celebramos no Ceip Álvaro Cunqueiro o mes da ciencia. Primeiramente quixemos enfocalo ó sector femenino da ciencia que permeceu na sombra o longo da nosa historia. Por iso elaboramos un mural con mulleres que realizaron grandes avances e descubrimentos neste campo.
Neste mes tamén fomos protagonistas da ciencia elaborando os nosos propios experimentos (alumnos e alumnas de 5º de Primaria). Podedes ver os diferentes experimentos no seguinte enlace.
https://www.youtube.com/watch?v=vit9QjWUjNQ
martes, 29 de outubro de 2019
Recomendacións Samaín
Ola amiguiños!
Achégase unha data terrorífica, unha data de pantasmas, mortos, monstros, momias, vampiros.... Achégase o Samaín!!! Sabedes que na miña casa podedes atopar moitas historias nas que aparecen algúns destes personaxes? En galego, en castelán, en inglés... podedes disfrutar das lecturas do Samaín en compañía da vosa familia. Algunhas das miñas recomendacións son as seguintes:
Agardo que vos gusten!
No Samaín
fai coma min
vai a BiblioMerliño
para ler algún libriño!
mércores, 23 de outubro de 2019
BENVIDOS
Ola amiguiños!
Benvidos a este novo curso escolar 2019/2020, un curso que virá cargado de novidades e sorpresas e no que sacaremos moito partido da nosa biblioteca escolar.
Hoxe, día 23 de de outubro celebramos a súa inauguración, da cal disfrutou ben o alumnado da escola. A biblioteca conta con profesorado de garda durante toda a xornada escolar, polo que todos os nenos e nenas son benvidos sempre que o desexen. Non podemos esquecer tampouco a posibilidade das familias de facer uso dela, polo que se estableceu un horario para elas que permitirá a consulta e préstamo dos fondos dispoñibles. Este horario queda fixado nos martes de 10:20 a 11:15 horas e nos xoves de 9:25 a 10:20 horas. Agardamos recibir moitas visitas, pois hai moito mundo por descubrir dentro destas paredes!
Unha aperta,
Merliño.
venres, 7 de xuño de 2019
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN
Ola amiguiños!
Aquí vos deixamos as recomendacións de lectura para este verán! Agardamos que vos gusten moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













