venres, 24 de xaneiro de 2020

MES DA CIENCIA


 No mes de novembro celebramos no Ceip Álvaro Cunqueiro o mes da ciencia. Primeiramente quixemos enfocalo ó sector femenino da ciencia que permeceu na sombra o longo  da nosa historia. Por iso elaboramos un mural con mulleres que realizaron grandes avances e descubrimentos neste campo.



Neste mes tamén fomos protagonistas da ciencia elaborando os nosos propios experimentos (alumnos e alumnas de 5º de Primaria). Podedes ver os diferentes experimentos no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=vit9QjWUjNQ

martes, 29 de outubro de 2019

Recomendacións Samaín

Ola amiguiños!

Achégase unha data terrorífica, unha data de pantasmas, mortos, monstros, momias, vampiros.... Achégase o Samaín!!! Sabedes que na miña casa podedes atopar moitas historias nas que aparecen algúns destes personaxes? En galego, en castelán, en inglés... podedes disfrutar das lecturas do Samaín en compañía da vosa familia. Algunhas das miñas recomendacións son as seguintes:


Agardo que vos gusten!


No Samaín 
fai coma min
vai a BiblioMerliño
para ler algún libriño!



mércores, 23 de outubro de 2019

BENVIDOS

Ola amiguiños!

Benvidos a este novo curso escolar 2019/2020, un curso que virá cargado de novidades e sorpresas e no que sacaremos moito partido da nosa biblioteca escolar. 
Hoxe, día 23 de de outubro celebramos a súa inauguración, da cal disfrutou ben o alumnado da escola. A biblioteca conta con profesorado de garda durante toda a xornada escolar, polo que todos os nenos e nenas son benvidos sempre que o desexen. Non podemos esquecer tampouco a posibilidade das familias de facer uso dela, polo que se estableceu un horario para elas que permitirá a consulta e préstamo dos fondos dispoñibles. Este horario queda fixado nos martes de 10:20 a 11:15 horas e nos xoves de 9:25 a 10:20 horas. Agardamos recibir moitas visitas, pois hai moito mundo por descubrir dentro destas paredes! 

Unha aperta, 
Merliño.

venres, 7 de xuño de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Ola amiguiños!
Aquí vos deixamos as recomendacións de lectura para este verán! Agardamos que vos gusten moito. 







venres, 24 de maio de 2019

Visita á Biblioteca do Seminario

Bos días amiguiños!

Hoxe venres, 24 de maio, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo unha visita moi especial a un lugar incrible que atopamos moi cerca da nosa escola: a biblioteca do Seminario.
Alí quedaron abraiados con todo o que viron e aprenderon da man de Don Félix Villares, quen lles falou sobre a construcción de dito seminario, o 3º en antigüidade de toda España. Grazas a el descubriron numerosas curiosidades e puideron coñecer verdadeiros tesouros, como a biblia políglota, un libro do Século XIII sobre a vida de San Francisco de Asís, o primeiro dicionario de galego de Valladares (datado do ano 1884) e tres incunables. Ademais diso, os nenos foron agasallados con libros, e para a nosa biblioteca tamén nos deron dous exemplares. A visita non puido ser mellor! E vos... sabiades que a biblioteca do Seminario era así? Paga a pena visitala! Estamos seguros que volveremos! 












sábado, 18 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Bos días amiguiños!
Aquí vos deixamos os vídeos creados polo Equipo de Biblioteca (en colaboración co EDLG e o Equipo de TICS) do CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO con motivo dun dos días máis especiais do ano, o día das nosas Letras Galegas. Agardamos que vos gusten!
Un saudiño!




xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Boas amiguiños!

Hoxe quero ensinarvos que a colección dedicada ás Letras Galegas que temos no cole aumentou. Podedes levar xa de préstamo os novos títulos e mergullarvos nun mundo de fantasía con estes novos libros! Agardamos que vos gusten!