luns, 19 de maio de 2014

EXCURSIÓN A MARCELLE

Hoxe os alumnos e alumnas de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria fixeron unha excursión a Marcelle. Foi unha saída moi divertida, onde coñeceron unha gran cantidade de novos animais como os covos, os suricatos, os canguros... e realizaron múltiples actividades diferentes, aunque foi unha mágoa ca choiva acompañáranos o final.

Comenzamos a excursión


No autobús
Chegada a Marcelle

Visita aos animais
Comida

Chegou a choiva

De volta para Mondoñedo



sábado, 17 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Onte celebramos o Día das Letras Galegas no noso centro, este ano dedicadas ó poeta Xosé María Díaz Castro. Durante a mañá os alumnos e alumnas fixeron carreiras, divididos por cursos, por diferentes percorridos ó longo das instalacións do centro. Seguidamente entregamos un diploma distintivo os tres primeiros nenos e nenas de cada carreira.


 
Máis fotos da carreira no blogue "Deporte y animación sociocultural en Mondoñedo".

Pola tarde os alumnos e alumnas de 6º E.P. leron un resumo sobre a vida do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, e varios alumnos e alumnas de 5º E.P. recitaron algún dos seus poemas.

Para rematar a sesión todos xuntos cantamos o Himno Galego e a canción "Meu o mundo é".


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

domingo, 27 de abril de 2014

XOGO DO DÍA DO LIBRO

Durante todos estes días que celebramos o Día do Libro, os alumnos e alumnos puideron realizar o xogo que se atopaba na entrada. Este consistía en relacionar cada libro co seu protagonista e, para iso, podían consultar os que non coñecían no expositor da biblioteca.
Deixamos as solucións:

- No libro La gran biblioteca de las Tres mellizas: Don Quijote, sus protagonistas son TERESA, ELENA e ANA.

- No conto Os xemelgos, os protagonistas son JAVI e PEDRO.

- No libro ¡Menudo canguro en el Kilimanjaro!, o protagonista é GERÓNIMO STILTON.

- El duende de la Ñ, os protagonistas chámanse CARLOS E CATERINA.

- Na historia Os misterios dos fillos de Lúa, o protagonista é DAVID.

- TINTÍN é o protagonista do libro O templo do sol.

- No conto Es ti o meu amigo?, COELLO DENTÓN é o protagonista.

- CHONI e CHANO son os protagonistas do conto Una nueva amiga.

- El escritor fantasma, o protagonista é BAT PAT.

- E, por último, no conto O dragón comemedo o protagonista é BERNAL.


xoves, 24 de abril de 2014

23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO


Hoxe estamos de celebración na biblioteca,xa que conmemoramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO e todo o día estivo dedicado a este gran transmisor de coñecemento, soños, fantasías… como son os libros.

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil acudiron a biblioteca para escoitar o conto “A cousa que máis doe do mundo”. 



Ademais  comentamos  por que nos gustaba ler 













e algún neno animouse a contar un conto, neste caso “Siempre te querré, pequeñín”.















mércores, 23 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Os alumnos e alumnas de 5 anos despois de dedicar unha sesión a lectura de contos, tamén animáronse a escribir por que lles gustaba tanto ler, e algún dos resultados foron moi bonitos.











DÍA MUNDIAL DO LIBRO


Os alumnos e alumnas de Educación Primaria celebraron o Día do Libro inventando un final para o resume do conto “El Guardián de las palabras”. 

















Posteriormente visionaron a película para comprobar quen se acercara mais o verdadeiro final.


Algúns dos finais que inventaron eles foron: