martes, 17 de decembro de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Merliño recoméndanos para este Nadal unha serie de contos e libros moi variados, desexamos que sexan do voso agrado.

luns, 16 de decembro de 2013

NADAL NO CENTRO

O noso centro xa está decorado e pódese sentir a ledicia destas festas. 
O gran Belén preside o recibidor...



Tamén as postales de Nadal elaboradas polos nenos e nenas do colexio, sendo unha actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Acompañadas polas simpáticas estreliñas da biblioteca.
E os alumnos e alumnas de Educación Infantil tamén completan esta fermosa decoración cun mural de pastores do mundo, numerosas boliñas de Nadal e miles de estrelas que axudaron a decorar as familias.




ÁRBORE LITERARIA



Xa chegou o Nadal a biblioteca e este ano temos unha árbore literaria que invítanos  a ler diferentes contos a través das súas bolas festivas, con libros como Cocorico, A vaca que puxo un ovo, Por cuatro esquinas de nada, Sopa verde, A cousa que máis doe do mundo, Contos de reis e de Nadal, Avós...






























Ademais Merliño recoméndanos que acompañemos estas festas con fermosas poesías, deleitándonos el mesmo cuns versos.





mércores, 11 de decembro de 2013

LECTURA DE NADAL

Recomendamos para este Nadal o libro "Cuando Papa Noél  se compró un camión", escrito por Alfredo Gómez Cerdá e ilustrado por Juan Ramón Alonso, onde trabállase a Educación vial con moito humor.

Podedes ver o libro no seguinte enlace:



luns, 9 de decembro de 2013

O APALPADOR

O Apalpador, tamén coñecido co nome de Pandigueiro, é un carboeiro tradicional de Galicia, que tal como indica a tradición, baixa a noite do 24 ou do 31 de decembro a tocar a barriga aos nenos e nenas para comprobar se comeron abondo durante o ano, deixando castañas e tamén algún regalo.


A través da Comisión de dinamización da lingua galega estamos traballando esta figura no centro, mediante a recomendación dalgúns contos, o aprendizaxe da cantiga do Apalpador e a escritura dunha carta coas nosas peticións.

Podedes aprender a cantiga do Apalpador:



Os contos recomendados son Antón e o Apalpador, O apalpador e a castaña máxia e O conto do apalpador, que tamén podedes ler on-line.




domingo, 8 de decembro de 2013

Lecturas para o Nadal

A contacontos Beatriz Montero recoméndanos unha serie de libros para festexar o Nadal dende as aulas ou coa familia, inclúe contos infantís, panxoliñas, poemas, cancións...


venres, 6 de decembro de 2013

DÍA DA CONSTITUCIÓN

O venres, día 6 de decembro, festexamos o DÍA DA CONSTITUCIÓN, e para iso quixemos recordar algúns dos nosos dereitos e deberes, traballando a importancia de cada un deles e dando como resultado o seguinte vídeo. Desexamos que vos guste!







(Sentímolo moito pero cando se pon o vídeo en pantalla completa perde calidade)