martes, 12 de novembro de 2013

FESTA DO MAGOSTO


Este ano vamos a festexar o magosto coa axuda de todos os nenos e nenas do CEIP Álvaro Cunqueiro, xa que lles pedimos que inventaran unha historia sobre unha castaña. Foi moi divertido e saíron contos moi bonitos, así que vamos subir uns poucos a este blogue para que todos e todas poidades gozar con eles e fagamos de este magosto unha festa moi literaria. Ademais todos os contos van quedar recollidos na nosa biblioteca, de esta maneira podedes consultalos sempre que queirades. 

domingo, 10 de novembro de 2013

NOVIDADES NA BIBLIOTECA




Dende o luns 4 de outubro contamos na nosa biblioteca con unha gran variedade de fichas nas que se poden resolver problemas, descubrir absurdos, acertixos... Podedes traballar en grupos ou individualmente, será moi divertido e entretido!
Veña animádevos

xoves, 31 de outubro de 2013

HORARIO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2013/14

Horas
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1ª




6º_
E. Primaria
2ª

3 anos_
E. Infantil
4º_E. Primaria

1º_
E. Primaria
3ª
5º A_
E.Primaria
3º B_
E. Primaria

2º_
E.Primaria
5 anos_
E. Infantil
4ª





5ª
4 anos_ E.Infantil

3º A_
E. Primaria

5º B_
E. Primaria

VISITA DA BRUXA GOLOSINA







Onte visitou o noso centro a Bruxa Golosina para celebrar o Samaín e aproveitou para contarlle os nenos e nedas de Educación Infantil diferentes historias de medo, para iso a bruxa parou facerme unha visita na biblioteca e entre os dous escollemos os libros de "Hasel y Gretel", "La casita de chocolate" e "¿Quén lle ten medo a bruxa?". Logo todos xuntos sacamos diferentes fotos no meu recuncho e entre todos tivemos un SAMAÍN xenial.