luns, 27 de xaneiro de 2014

A PAZ NA EDUCACIÓN INFANTIL

Os alumnos e alumnas da Educación Infantil xa están preparando todo para festexar o vindeiro xoves 30 de xaneiro, o Día da paz. Para iso fixeron unha fermosa pomba que decoraron con plumas con mensaxes de paz, elaboradas conxuntamente con as súas familias.


Tamén decoraron o corredoiro con as pombiñas de cores feitas con as súas máns.

E tamén un "mosaico de paz" que engalanou as diferentes clases e que o xoves levaran os nenos e nenas para as súas casas.



domingo, 26 de xaneiro de 2014

LECTURAS PARA A PAZ


Esta semana conmemoramos o Día da PAZ  e dada a importancia que teñen os contos para comprender dita celebración deixamos unha serie de páxinas que recomendan algúns libros, como por exemplo: “A guerra dos números”, “O nacemento do dragón”, “Pequeno azul e pequeno amarelo”….




Tamén recomendamos a seguinte historia sobre a loita de dous irmáns que descobren como a pomba branca foi adoptada como símbolo da paz no mundo.


mércores, 22 de xaneiro de 2014

Día da PAZ


O próximo 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ e unha das actividades que realizaremos todos xuntos, alumnos/as e mestres/as, é a interpretación da canción  “Paz, paz, paz” de Juanes e tamén “Color esperanza” de Diego Torres pero cantada por un grupo de mulleres. Deixo os vídeos para que poidades ir practicando e aprendendo as letras, aclarar que as imaxes do primeiro vídeo son collidas dun de Vanesa Hervás Martínez e acoplada a música de Juanes e as do segundo son de Lucia e cambiada a canción as voces femeninas.





mércores, 15 de xaneiro de 2014

O BIBLIOTREN

Chegou a Mondoñedo a Estación da Lectura e con ela o BIBLIOTREN.



Ven cargadiño de diversos tipos de libros, cada un dos seus vagóns está adicado a un xénero en concreto: fábulas, cómics, adiviñas, textos tradicionais...


Merliño vixía o coidado do Bibliotren e propón que si alguén quere levar algún destes libros soamente ten que pedilo na biblioteca.


luns, 23 de decembro de 2013

BO NADAL


O equipo de dinamización da biblioteca escolar do CEIP Álvaro Cunqueiro quere desexarvos unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo


sábado, 21 de decembro de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS








Onte visitounos OS REIS MAGOS, os nenos e nenas do nosos colexio estaban moi nerviosos e inquedos pero puideron deixar as súas cartas e recoller un agasallo que os reis trouxeron. Ademais estes reis foron moi  “teatreiros" e representaron un pequeno conto, suxerido por Merliño, chamado Los Reyes Magos  de A. Canyelles e R. Calafell, unha historia moi divertida que narra como os reis prepáranse para repartir todos os agasallos.


Despois do recreo todos os alumnos e alumnas do CEIP Álvaro Cunqueiro e mailos mestres e mestras cantamos a cantiga do Apalpador, despedíndonos xa ata o próximo ano 2014.